Consello Reitor

Representa o órgano de goberno del Campus Auga. Actúa como garante do correcto funcionamento da actividade asumindo as funcións de dar conta das actuacións ao Consello de Goberno da UVigo, analizar a información que en relación ao Campus Auga transmiten os diversos centros e atender os informes dos Comités Consultivos.

A composición do Consello Reitor está representada por:

  • Reitor/a da Universidade de Vigo
  • Vicerreitor/a do Campus de Ourense.
  • Vicerreitor/a de Investigación, Transferencia e Innovación.
  • Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia)
  • Representante do Consello Social da Universidade de Vigo (sector empresarial: Grupo COREN).
  • Director/a do Campus Auga.

Comités Consultivos

Actúan como garantes do correcto cumprimento dos obxectivos e accións propostos no desenvolvemento da estratexia do Campus Auga.

Comité de Persoas Expertas

Está integrado por profesionais de recoñecido prestixio nos ámbitos científicos das temáticas da auga.

Comité Socio-Empresarial

Acolle asociacións empresariais, clústeres. administracións públicas e outras entidades da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal relacionadas coas liñas de especialización do Campus Auga.

A Dirección

Actúa como Secretaría do Consello Reitor exercendo as tarefas de responsabilidade da coordinación e do funcionamento do Campus Auga. Para iso conta coa colaboración e apoio do Comité de Dirección.

Comité de Dirección

Estrutúrase en catro áreas aliñadas cos ámbitos estratéxicos de actividade do Campus Auga: docencia, investigación, transferencia, e internacionalización. Está integrado por un máximo de catro membros do Persoal Docente e Investigador (PDI) da Universidade de Vigo (Campus de Ourense).